Introdución

Kant cría que os xuizos morais se guiaban pola razón. Pero Hume defendía que era a emoción a que manexaba calquera decisión moral tomada de forma espontánea. Agora nace un novo campo de estudo que disecciona as intuicións morais: a neurofilosofía.

Está claro que as túas creenzas e os teus actos serán diferentes dependendo da cultura e do entorno social e económico no que vives, creando así diferenzas que se perciben nas distintas partes do mundo.

Ademais, contamos coa posibilidade de que no noso xuízo existan uns ideais de orixe insconsciente sobre o correcto e o incorrecto que nos levan a tomar decisións espontáneas independientemente das nosas circunstancias e do país no que nos encontramos. Polo cal, cando che explican un dilema nun test moral, descoñecido para ti, intentas xustificar a situación pero esta xa foi tomada instintivamente.

Os nosos mecanismos cerebrais involuntarios controlan os actos e as decisións que cremos tomar moito máis do que pensamos.

Temos a liberdade para facer o que queremos pero só se realmente podemos decidir o que queremos.

Obxetivos

- Determinar se o chocolate influiu no xuizo moral
de catro grupos de estudantes.
- Se existen diferenzas en canto a idade nas
respostas do xuizo moral.

Material e métodos

Pasamos a través de dous profesores (Orlando Gregorio Álvarez Álvarez e MªCarmen Cerviño Gómez), de 2 institutos distintos, un en Lugo (IES Sanxillao) e outro en Mondoñedo (IES San Rosendo), unhas cuestión para que fixeran xuizos morales sobre elas. En cada instituto, fíxose dous grupos co alumnado: a uns previamente se lle deu un bombón de chocolate e a outros non. Para cada pregunta tiñan que debuxar unha línea recta que representase o seu desacordo. Así, se estaban totalmente en contra do que se afirmaba tiñan que facer unha línea que fora dende o inicio ata o final do recadro. Despois analizamos os datos obtidos (107) cunha folla de cálculo.

Resultados e discusión


O primeiro resultado a destacar é que existe influencia do chocolate nos xuizos, xa que os que tomaron chocolate teñen uns xuizos máis negativos (liñas máis longas) que os que non o fixeron.

Estes resultados foron contrarios aos que esperabamos, xa que contabamos con que tomando chocolate, o estar con ánimo máis alegre, foran máis permisiv@s nos seus xuizos. Pero resultou o contrario. Quizais, o chocolate o proporcionar enerxía, provoca que sexan máis enérxicos nas súas respostas.

Aínda así, na pregunta 3, na que fai referencia a suspender a unha alumna cun 4,5 tendo que repetir esa persoa, podería decirse que hai unanimidade na resposta.

Comparando por idades, cal foi o comportamento para a pregunta 4, que é a que máis diferenzas existe entre os condicionados (os que tomaron chocolate) e os non condicionados, semella que non hai moitas diferenzas coa idade.

Conclusións

-  O chocolate influiu nos xuizos morais de 4 grupos de estudantes, sendo os seus xuizos máis negativos.

-  Parece que non hai diferencias de tolerancia coa idade nos xuizos morais.

Bibliografía

- Chaugaceda, Carlos (2014). El mono feliz. Plataforma Editorial. Barcelona.

- Estupinyà, Pere (2010). El ladrón de cerebros. Random House Mondadori, S.A. Barcelona.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar